Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Incendio en Cambre

Ingresados os feridos da explosión do Temple

Os operarios foron trasladados ao Hospital Juan Canalejo da Coruña logo do estalido que provocou a ruptura dunha canalización de gas.

Redacción - 13:10 11/01/2008

Os tres traballadores resultaron feridos a consecuencia dun incendio acontecido pasadas as nove da mañá deste venres no paseo marítimo do Temple. Os operarios estaban a traballar cunha escavadora nunha gabia de gas o que provocou un escape coa súa conseguinte explosión. Os dous feridos tiveron que ser trasladados ao Centro Hospitalario Juan Canalejo da Coruña, onde polo de agora se descoñece a gravidade do seu estado.

Os bombeiros tiveron que proceder ao desaloxo dos veciños da zona na que se atopaba o edificio en obras. Na extinción deste incendio están a participar cinco dotacións de bombeiros de Arteixo e Betanzos e aínda existe perigo de explosión, debido a que a compañía non puido cortar o subministro de gas coa chave.

Malia isto, os bombeiros afirman ter a situación baixo control, ao manter a chama do escape acendida, e ao traballar para apantallalo e que non se estenda. Os aproximadamente 25 veciños xa foron totalmente desaloxados dos seus domicilios mediante unha escaleira mecánica e atópanse fóra de perigo e en perfectas condicións.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: