Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL SALA

Lobelle e Azkar xogarán a copa

Coa súa axustada vitoria fronte ao MRA Navarra (4-3) os santiagueses sitúanse quintos na clasificación.

Redacción - 19:06 13/01/2008

Finalmente haberá dous equipos galegos entre os oito que en febreiro disputarán en Cuenca a Copa do Rei de Fútbol Sala. O Azkar Lugo derrotou 6-1 ao Tuco Muebles, mentres que o Lobelle derrotou ao MRA Navarra (terceiro na clasificación) por 4-3.

O Autos Lobelle gañou a Copa de España de Fútbol Sala na tempada 2005-06, mentres que o Azkar Lugo fora subcampión un ano antes. Ambos os dous equipos contan cunha Recopa de Europa no seu haber.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: