Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O Celta a un partido de o lograr

O Extrugasa consegue o seu billete para xogar a Copa

A penúltima xornada da División de Honra do baloncesto feminino tiña como principal atractivo a loita polos cinco postos que ficaban sen dono, pensados para poder xogar a chamada "Copa da Raíña".

Redacción - 12:32 14/01/2008

Un dos partidos xogados esta fin de semana que máis alegría trouxo para Vilagarcía foi o que enfrontaba ao Extrugasa Cortegada contra o Gran Canaria, na casa das galegas. As arousás gañaron por 82-64, asegurándose matematicamente a súa praza para a vindeira edición da Copa.

Aínda quedan por decidir outras tres prazas, e entre os equipos mellor situados para conseguilas está o Celta Vigourban, que depende de si mesmo e da súa actuación o vindeiro sábado contra o Extremadura Dato (xogan na casa ás 19:00 horas).

Na pasada xornada perdeu contra o Rivas Futura por 82-76, a pesar de comezar moi igualadas, mais no último cuarto unhas madrileñas, donas xa da zona, gañáronlle ás viguesas, que xa estaban cheas de faltas persoais.

Resultados da 12ª xornada (12/01/2008)
CB Olesa-Espanyol - Cadi la Seu d'Urgell 78-67
Club Baloncesto San José - Hondarribia-Irún 53-71
Mann Filter Zaragoza - Ebe Promociones Santa Eulalia 62-70
Ciudad Ros Casares Valencia - Arranz-Jopisa Burgos 65-49
Rivas Futura - Real Club Celta Vigourban 82-76
Extremadura Dato - Perfumerías Avenida 53-79
Extrugasa Cortejada - Gran Canaria la Caja de Canarias 82-64

Vindeira Xornada (19/01/2008)

Gran Canaria la Caja de Canarias - CB Olesa-Espanyol
Perfumerías Avenida - Extrugasa
Real Club Celta Vigourban - Extremadura Dato
Arranz-Jopisa Burgos - Rivas Futura
Ebe Promociones Santa Eulalia - Ciudad Ros Casares Valencia
Hondarribia-Irún - Mann Filter Zaragoza
Cadi la Seu d'Urgell - Club Baloncesto San José


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: