Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo de bater récord de producción

Aínda cos mellores números Citröen xa cavila en reducir cadro en Vigo

"Non será unha diminución brutal", prometeu o seu presidente, Christian Streiff. Esta semana sóubose que a empresa recortará mil empregos en Francia.

Redacción - 09:00 18/01/2008

A estratexia actual de Citröen para "aumentar produtividade" ten como eixo central a redución do persoal das súas factorías e nese marco non será excepción a de Vigo, malia ser xa agora mesmo a maior e máis produtiva do xigante da automoción. Explicouno este xoves en Vigo o máximo responsábel da empresa, Christian Streiff, referíndose ao plan de "baixas non traumáticas" que se está deseñando para Francia e recoñecendo que o persoal da fábrica viguesa tamén "pode minguar".

"Non será unha diminución brutal", asegurou, indicando que Citröen traballa baixo unha formulación de máximos e de mínimos,buscando a "máxima produción" co mínimo de efectivos necesario. No entanto, resaltou a confianza do grupo na instalación produtiva galega, posto que o obxectivo é que se converta na planta "máis competitiva" de Europa nos próximos anos, grazas aos investimentos e a mellora da súa organización.

No mesmo exercicio en que Citröen xa bateu marca en Vigo de produción, 545 mil coches nun ano, cunha media de 2.300 por día, Streiff falou dunha previsión de incremento de até 20 mil vehículos máis por ano. As súas declaracións foron realizadas durante a presentación dos dous novos modelos de Peugeot Partner e Citröen Berlingo que sairán da fábrica viguesa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: