Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Técnica similar á da "ovella Dolly"

Primeira clonación de embrións humanos

Unha empresa californiana publicou os detalles da creación de embrións a partir de células da pel dunha persoa.

Redacción - 09:00 18/01/2008

A revista Stem Cells publica os resultados do proceso liderado polo investigador Andrew French, á fronte dun equipo financiado pola empresa californiana Stemagen.

Os científicos extraeron células da pel de dous homes e varios óvulos de tres mulleres. A partir de aí, e dun xeito parecido ao utilizado no seu momento para a creación da ovella Dolly, primeiro animal clonado, extraeron o núcleo da célula para introducilo nun óvulo ao que se lle suprimira a súa carga xenética.

De seguido, o proceso continuaría teoricamente coa fusión e a estimulación posterior da división celular. A través deste proceso, e logo da famosa Dolly, clonáronse nos últimos anos outros animais. O procedemento sería un paso importante no camiño da obtención de células nai embrionarias para tratar un amplo abano de enfermidades como a diabetes ou o Alzheimer.


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: