Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
a billarda invade o Atlántico

Chega o terceiro asalto na Conferencia NorOeste

Esta fin de semana van polo terceiro partido. Avísanos disto Palanotrönic, o ciborg-correspondente desta loucura que é a billarda.

Redacción - 12:50 18/01/2008
Palanotrönic volve falar

Palanotrönic volve falar

Cóntannos dende o Varal que arrinca tamén o ano na Conferencia NorOeste da Liga Nacional de Billarda (LNB), "con epicentro na cidade da Coruña, hei neno!!!"

Será este domingo 20 a partires das 16:00 horas, na Pista da Zapateira. Se por calquera razón allea á billarda non se pode ir ver este xogo tolo, pódense seguir os resultados en tempo real no blog O Varal Morse, pois serán disparados, a cada momento, dende a mesma pista á rede, vía SMS.

O batuxo de LNB invade o Atlántico piscina!
Ademais, os da conferencia atlántica puxéronse a andar, e xa presentaron o calendario definitivo deste ano que xa comezou, e que terminará no play off final en Compostela.

Este ano, ademais, a novidade é que podes levar un destes torneos ao teu concello da zona NorOeste de Galiza, poñéndote en contacto cos membros da conferencia e participando activamente, como ben di Plantárono. Só tes que inscribirte, xunto cos teus colegas todos, na chamada Franquicia Branca... O batuxo de LNB invade o Atlántico piscina!

Velaquí as recomendación de Palanotrönic para esta fin de semana:


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: