Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEI DE TRANSPORTE PÚBLICO

A Xunta anuncia a creación dunha entidade pública para xestionar o ferrocarril

A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, sinala que o Goberno solicitará o traspaso de novos servizos e da titularidade dalgunhas vías.

Redacción - 13:57 18/01/2008

A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, presentou este venres, canda o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o anteproxecto da Lei de Transporte Público. O Goberno quere que a longo prazo se duplique o números de vaixeiros nas diferentes liñas de transporte público. Entre as principais novidades está a creación dun ente de xestión dos camiños de ferro galegos. A entidade pública aplicará a política autonómica en materia de infraestruturas. Caride lembrou que Galiza ten competencia para crear este organismo e incluso sinalou que a Xunta estudará solicitar a transferencia de novos servizos e da titularidades dalgunhas vías.

Unha das novidades máis salientábeis é que a partir de agora todas as ampliacións de chans urbanizábeis, especialmente aqueles que afecten a complexos hospitalarios, polígonos industriais ou residenciais, terán que contemplar un plan metropolitano de transporte público e outro de coordinacións dos transportes. A lei tamén contempla a creación de consorcios metropolitanos de transporte, compostos pola Xunta e os concellos, que servirá para planificar as necesidades das áreas urbanas.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: