Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
O fachineiro dos coches.

Equivalente suicida

Óscar ía ao Tanatorio no concello da Estrada. Un mozo coñecido seu morrera nun accidente de tráfico. Pouco antes de chegar, parou nun semáforo e dous coches tuneados puxéronse á súa esquerda.

A.Q. - 18:41 18/01/2008

Non ben se puxo en verde desapareceron picando roda. Non puido evitar facer unha asocición, pensando no compañeiro falecido. Cando chegou ao tanatorio viu os dous coches aparcados á porta e, daquela, pensou que quizais as cousas non teñen remedio. Seica un piloto francés hai anos fachendeaba de que el só tiña dúas neuronas: unha para conducir e outra para unha actividade humana que non vén ao caso. Hai moitos mozos que con dúas neuronas van sobrados. Agora que saltaron aos xornais as carreiras ilegais que levan por diante xente inocente cabe preguntarse que se pode facer ante esta xentiña que poñen o coche no cumio da pirámide de valores e que os psiquiatras teñen catalogados como “equivalente suicida”.


5/5 (2 votos)