Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A "lingua" en campaña

A quen lle "estorba" o galego?

O deputado do PSdeG, Ismael Rego, considera que ao actual presidente do PP, Mariano Rajoy, "xa lle molestaba o galego cando foi vicepresidente da Xunta".

Redacción - 09:00 22/01/2008

"Teñen que ser eles os que decidan se queren ser o PP de Galicia ou o PP en Galicia", expuxo este luns o voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, ao avaliar a introdución en precampaña electoral do tema da lingua por parte do PP. Rego subliñou que en Galiza os dereitos lingüísticos están "garantidos, tanto os de quen fale español como os de quen utilice o idioma propio" e afirmou que ao líder do PP "sempre lle estorbou o galego".

Rego criticaba así a proposta do líder popular de aprobar unha lei que "asegure os dereitos lingüísticos dos castelánfalantes". Neste senso, recalcou en Galiza existe "liberdade para expresarse en cada unha das dúas linguas oficiais" e salientou que na súa opinión o galego "sempre foi espazo de convivencia e non de conflitividade".

En declaracións a Europa Press, Ismael Rego tamén se laiou de que o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, non aproveitase a súa participación na elaboración do programa electoral do PP "para explicar que aquí conviven ambas as dúas linguas sen problemas". "Quizais estea na mesma liña de Rajoy ou podería ser que sexa máis radical aínda", indicou o socialista, prognosticando que os galegos "tomarán nota" ao respecto.


4.23/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: