Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Análise

A crise das subprime, unha crise de confianza

O caldo de cultivo co que se chegou o que xa se coñecerá con Luns negro de Xaneiro de 2008 as bolsas mundiais.

Xosé Anxo Grandío / Roberto Río Morán - 09:00 23/01/2008

Tanto foi o cántaro a fonte que rompeu. Desde outono pasado do 2007 os mercados financeiros mundiais comezaban a dar síntomas de esgotamento, tras una batería de datos macroeconómicos dos USA realmente preocupantes: as cifras de paro aumentaban, o PIB crecía menos do previsto, diminuía o gasto e a confianza nun país no que o consumidor é o axente económico mías importante ao tempo no que se producía un proceso inflacionista a nivel mundial provocado principalmente pola suba das materias primas, nomeadamente o petróleo.

No fondo subxace a crise das hipotecas lixo estadounidenses ou subprime, caracterizadas por ser hipotecas concedidas a persoas con probabilidade alta de insolvencia e que teñen coma contrapartida altos tipos de xuro. As entidades concesionarias de estas hipotecas, mastodónticas empresas cotizadas en bolsa, emitían bonos para financiárense, os cales eran apoiados nos balances das empresas por ditas hipotecas lixo. Estes bonos eran comprados por importantes entidades financeiras a ambos lados do Atlántico.

Este puzzle de enxeñería financeira foi posíbel mentres os tipos de xuro estiveron baixos, a niveis inferiores a inflación. Os hipotecados podían pagar as súas obrigas co banco e os bonos emitidos polas concesionarias resultaban atractivos para o resto dos axentes financeiros. Todo camiñou ben ata a chegada de Ben Bernanke a presidencia da Reserva Federal, momento no cal comezaron a subir abruptamente os tipos de xuro para evitar a tan temida inflación ou “imposto dos pobres”.

Esto desencadeou que co paso dos meses moitos individuos deixasen de pagar as hipotecas, aumentando de maneira exponencial a morosidade, cos conseguintes problemas para as entidades que as concedían. Nese momento o valor bonos cos que se financiaban ditas entidades e que compraban terceiros banco caeu en picado o que fixo que a grande banca mundial comezara a declarar perdas de miles de millóns de euros.

Nese momento pasouse a unha crise de confianza proporcións aínda descoñecidas. Ninguén sabe a ciencia certa cal e a situación financeira dos bancos, cantas perdas van ter que declarar nos próximos trimestres e si algún presenta verdadeiro risco de quebra. Debido a esa desconfianza os mercados financeiros maioristas (onde as empresas e bancos negocian a súa financiamento) conxeláronse. Todo o mundo está baixo sospeita e a consecuencia inmediata é a falla de financiación que sustente o crecemento.

Esta consecuencia e moi problemática para Galiza, e para o conxunto do Estado español, pois economías con un alta déficit comercial e que necesitan financiar o seu crecemento mediante financiamento de capitais que proveñen do exterior. É unha incógnita quen pode substituír eses fluxos de financiamento, e todo invita a pensar que as previsións de crecemento, no noso país, non van poder ser cumpridas nos próximos anos.

Neste caldo de cultivo chegou o que xa se coñecerá con Luns negro de Xaneiro de 2008 as bolsas mundiais. Nun día no que a bolsa dos USA permanecía pechada debido a festividade de Martín Luther King, os mercados asiáticos, mercados sempre moi volátiles e temerosos iniciaban un movemento correctivo, sen razón aparente, que non se observada nas bolsas desde a estoupido da burbulla Puntocom. A continuación producíronse dramáticos descensos en Europa ca maior caída do Ibex 35 na súa historia e das bolsas latinoamericanas. O pánico vendedor apoderouse de grandes fondos, de brokers e de investidores particulares que están a observar atónitos como se esfumaban centos de miles de millóns de euros das súas carteiras.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: