Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Pasáronlles por riba con un contundente 4-2

Exipto golea a Camerún… e desta volta estaba Eto'o

De nada valeu o 'doblete' do camerunés ante os vixentes campións da Copa de África. Os "faraóns" dominaron aos leóns de seguida.

Redacción - 11:40 23/01/2008
Os seareiros cameruneses no partido contra Exipto

Os seareiros cameruneses no partido contra Exipto

Os exipcios viñan defender o seu título a Ghana, onde se están a desenvolver os partidos desta Copa de África, e conseguírono, chegando moi rapidamente a un 3-0 que os cameruneses non conseguiron atallar, a pesares dos dous goles de Eto'o.

Primeiro dous goles destes rápidos e logo un penalti serviron para que os exipcios camiñasen cara o vestiario, no descanso, coa tranquilidade ter as cousas ben feitas. Os dous goles foron obra do dianteiro do Hamburgo, Zidan, que despois do penalti de Hosny, furaba a portería dun pouco acertado Kameni.

Na segunda parte os leóns indomábeis querían facer honra ao seu nome, e comezaron a atacar, conseguindo crear varias situacións de perigo. Entre elas o testarazo de Eto'o, que terminou en gol. Pero os exipcios estaban preparados e pecháronse atrás, mentres desfilaban cara a portería contraria. Daquela chegou o segundo gol de Hosny, que aproveitaba a debilidade da defensa camerunesa.

Os goles de Eto'o
Ao final Eto'o marcou un penalti que xa non servía para moito, no tempo de desconto.

O partido terminou con Zidan, lembrando o terceiro gol como o mellor da súa carreira: "estou moi contento. O 3-0 é o gol máis espectacular que teño marcado na miña carreira deportiva. Exipto demostrou con este partido que pode reeditar o título de Campión de África. Puxemos no seu sitio a Camerún, que se consideraban os favoritos", dixo o dianteiro exipcio.

Pola outra banda están as declaracións dos cameruneses, de entre elas, as de Eto'o, que dixo que este "non era o comezo que agardaba... pero son optimista".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A estirada de Kameni, cando tentaba pararlle o gol á irmandiña. o 27 de decembro en Balaídos
A estirada de Kameni, cando tentaba pararlle o gol á irmandiña. o 27 de decembro en Balaídos
A selección de Exipto
A selección de Exipto
Eto'o, a estrela da selección de Camerún
Eto'o, a estrela da selección de Camerún