Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RESPOSTA AO COMUNICADO DA DIRECTIVA DE SARGADELOS

Díaz Pardo: "O único que queren son os cartos"

Este mércores pola tarde a Xunta de Accionistas da empresa retiraralle ao intelectual todas as súas responsabilidades.

Redacción - 14:30 23/01/2008

O venres pasado a nova directiva de Sargadelos acusaba a Díaz Pardo de "prexudicar o futuro da empresa" e de ter "estragado millóns de euros". O intelectual respondeulles cun comunicado no que cualifica de "patraña" esas acusacións, afirmando que "nos 20 anos nos que estivemos nós na administración de Sargadelos non houbo o menor problema". Díaz Pardo ofrece cifras sobre os ingresos do Instituto Galego da Información, por exemplo insumos de 400.000 euros en 2006 procedentes tan só dun traballo realizado para Estrella Galilcia.

O intelectual denuncia novamente que os traballadores do IGI levan nove meses sen cobrar, e acusa á nova directiva de estar interesada unicamente polos cartos. Acúsaos tamén de querer acabar con Ediciós do Castro, de ter pechado as sedes de Sargadelos en Porto e Milán, e de querer facer o mesmo coa de Sevilla.

Acto de apoio a Díaz Pardo
A Xunta de Accionistas da empresa reúnese esta tarde a partir das seis, para debater se cesan a Díaz Pardo nas funcións que aínda mantén dentro de Sargadelos. Para as sete e media, hora prevista de remate da xuntanza, Arredemo convocou no Instituto Galego de Información un "encontro de amizade" co intelectual. O acto servirá tamén para presentar o número cero do xornal Galicia, editado por Arredemo.

Á Asemblea xeral están convocados máis de 300 socios, aínda que a maeirande parte das accións están en mans dos actuais administradores de Ediciós do Castro e de Sargadelos.


Documentos

5/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: