Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Xa teñen blog

A acabada de nacer Conferencia Sur medra aos poucos

Porque outro deporte é posíbel, a billarda esténdese por Galiza a altas velocidades.

Redacción - 09:47 25/01/2008
O escudo dos Palanganas

O escudo dos Palanganas

Na quinta feira confirmabamos a histórica noticia do nacemento da Conferencia Sur da LNB, mais agora podemos dicir que xa está a funcionar o seu blog para coordinar os movementos de todos os palanadores e palanadoras famentos de billarda do Sur da Galiza. Podedes entrar: http://lnb-sur.blogspot.com/.

Ademais, de paso, vai o logo do primeiro equipo de LNB de Vigo, os históricos Palanganas, formados hai catro anos en Vigo, que se desprazaban até a Mariña para disputar o, naquela altura, circuíto de torneos LNB, xermolo da actual Superliga Galega de Billarda.

A día de hoxe, segundo contan dende O Varal, "os Palanganas permanecen aletargados por mor dos compromisos laborais dos seus compoñentes pero ogallá se poidan incorporar á acabada de nacer alumada Conferencia Sur da LNB para apoiar, como sempre fixeron, a revolución billardeira que invade Galiza enteira".

Porque outro deporte é posíbel... Adiante Conferencia Sur da LNB!!!


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: