Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Para convocar un mitin do PSOE en Bruxelas

Presidencia recoñece que enviou correos electorais dende a Fundación Galicia Europa

Afirman que foi debido a un "erro" e que "non saíron de alí". O PP cualifica a Touriño de "campión da instrumentalización".

Redacción - 19:51 30/01/2008

A Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, dependente da Presidencia do Goberno, recoñeceu este mércores que foi "un erro" difundir dende equipos informáticos da Fundación Galicia Europa a convocatoria dun mitin do PSOE en Bruxelas, aínda que salientou que, en todo caso, os correos electrónicos "non saíron de alí".

Fontes da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores explicaron que a Fundación Galicia Europa adoita recibir información sobre todas as convocatorias de interese español que teñen lugar na capital belga, e que os "remite inmediatamente" a todas as persoas que traballan na entidade, por se fosen do seu interese.

Nesta ocasión tamén reenviaron "internamente" a convocatoria do acto socialista e, aínda que admitiron que "non se tiña que facer" porque era unha actividade de corte electoral, salientaron que "o correo non saíu fóra da Fundación Galicia Europa".

"Non é un feito illado"

O PPdeG interpretou este feito coma un caso de "instrumentalización política" e o secretario xeral da formación, Afonso Rueda, acusou o presidente da Xunta e líder socialista, Emilio Pérez Touriño, de "empregar institucións públicas para facer propaganda electoral do seu partido". Neste senso, cualificouno de "campión da instrumentalización política das institucións públicas".

Rueda dixo que a situación era "moi grave" e asegurou que non se trata dun feito illado, porque segundo el "non é a primeira vez que o PSdeG emprega os medios técnicos da Fundación con fins electoralistas". Así, sinalou que dende o mesmo lugar se enviou outro correo en que "se incluía un convite para visitar o blog electoral elaborado polo PSOE de Bruxelas".


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: