Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
É o único equipo estatal que queda en Europa

O Extrugasa xoga o orgullo galego contra o Electra Ramat Hasharon

As de Vilagarcía reciben ás israelitas nos oitavos de final da segunda competición europea de clubes máis importante (a FIBA Eurocap).

Redacción - 13:55 31/01/2008
Ciudariene, do Extrugasa, fronte ao BC Moscow

Ciudariene, do Extrugasa, fronte ao BC Moscow

Xogan en Fontecarmoa esta tardiña e son o único clube do Estado Español que aínda se mantén na FIBA Eurocup, tras caer o Hondarribia, o CB San José e o Gran Canaria, este último eliminado precisamente polas de Isaac Fernández.

Pero nesta rolda teñen como rival a un clásico da competición, o equipo israelí Electra Ramat Hasharon, que ademais é un dos favoritos, con xogadoras coma Jackson e Perkins, que anotan unha media de 36 puntos por partido; ou a bosnia Vilipc, que ten unha media de 16 puntos en cada encontro. Destas, sobre todo, e das que van ter que estar pendentes as arousás.

En canto ao cadro de Vilagarcía, aínda non se sabe se unha das súas apostas ofensivas, Agne Ciudariene, vai poder xogar, posto que ten mancado o cóbado dende o pasado fin de semana, cando se xogou o derbi contra o Celta Vigourban. E tampouco se sabe sa vai estar a francesa Leslie Ardon, que arrastra molestias no nocello, despois de sufrir, unha tras outra, varias escordaduras.

O importante é afrontar ben esta eliminatoria (e o Extrugasa está forte na casa), e, de non gañar, que é o primeiro obxectivo, perder polos menos posíbel para volver encontrarse, con certa vantaxe, ante as israelitas o vindeiro 7 de febreiro (na volta).


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Leslie Ardon, outras das mellores bazas do Extrugasa
Leslie Ardon, outras das mellores bazas do Extrugasa
Jackson, do Electra. É capaz de facer unha media de 36 puntos por partido
Jackson, do Electra. É capaz de facer unha media de 36 puntos por partido
Perkins, outra das mellores xogadoras do equipo israelí
Perkins, outra das mellores xogadoras do equipo israelí