Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Por só dez puntos de diferenza

O Extrugasa termina en Tel Aviv co seu soño europeo

As arousás caeron eliminadas no partido de volta ante o Electra Ramat-Hasharon israelí. O marcador quedou a 64-54.

Redacción - 11:08 08/02/2008
Un momento do partido

Un momento do partido

As galegas quedaron a dez puntos de chegar aos cuartos de final da Copa de Europa de baloncesto, perdendo ante o equipo israelí Electra Ramat-Hasharon, en Tel Aviv, por 64-54.

O Extrugasa non puido defender os seis puntos de vantaxe que lles roubaran ás israelís en Fontecarmoa, na casa, a pesares de que o comezo das visitantes non puido ser mellor: chegaron a ter vantaxe de seguida, e após unha tripla de Sara e unha canastra de Brown, conseguiron mesmo chegar a gañarlles ás locais por 14 puntos (10-24). Obviando as numerosas perdas de balón e os fallos nos tiros de Ciudariene, o Extrugasa pechou o primeiro tempo con 11 puntos de renda a seu favor (17 no cómputo da eliminatoria).

Co encontro mediado, as galegas seguían indo por diante no marcador, mais no terceiro cuarto só anotaron oito puntos (despois dos seis anotados no segundo), e a vantaxe fóiselles vindo abaixo.

O último parcial comezou cunha canastra de Miriam e unha tripla de Sara, que volvía darlle vantaxe ás galegas, mais as esperanzas fóronse esgotando aos poucos: Vidovic (Electra), que saía pola norteamericana Jackson, anotou unha tripla na xogada que puña o marcador nun axustado 49-44. No outro lado da pista, Sara fallou a súa tripla, e, a partir daquela o Extrugasa foi desaparecendo dun partido que dominara todo o tempo. O Electra rompeu o marcador con outra tripla, esta vez de Troina (56-44), e o Extrugasa foi cometendo erros no ataque que as levaron ao resultado final.

Electra Ramat-Hasharon
: 64 (13+18+15+18): Perkins (18), Mizrachi (5), Troina (9), Vilipic (14), Melvin (1) -cinco inicial-, Dori, Vidovic (16) e Kolodny (1).

Extrugasa: 54 (24+6+8+16): Brown (12), Kress (8), Gómez (10), Ardon (10), Ciudariene (8) -cinco inicial-, Hill, Herrera (6) e Asurmendi.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Perkins, do Electra, trata de fuxir da defensa do Extrugasa
Perkins, do Electra, trata de fuxir da defensa do Extrugasa
Mizrachi (Electra Ramat-Hasharon) trata de fuxir de arousá Sara Gómez
Mizrachi (Electra Ramat-Hasharon) trata de fuxir de arousá Sara Gómez