Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CON EFECTOS MOI SINXELOS

Unha web permite elaborar videoclips propios

Para facer publicidade de grupos musicais

Redacción - 17:48 12/02/2008

Trátase de realizar un mesmo o vídeo que acompaña a canción do seu grupo favorito. A ocurrencia é de MGMT (pronunciado Management), grupo de electro rock de comezos do 2008, cuxo primeiro álbum foi producido por Dave Fridmann (Flaming Lips, Mercury Rev).

Abonda con descargar un software da web de artistas www.whoismgmt.com, cun lote de imaxes para combinar. É o retorno aos tempos dos primeiros efectos especiais.

Pódense cambiar o fondo da pantalla, en segundo plano, e os artistas quedan en primeiro plano (o cantante que fai o surf sobre unha mesa de pasar o ferro, unha tarde de entroido na casa, ...). Na web xa están dispoñibles dous temas musicais elaborados con este programa informático: Electric Feel e Fated To Pretend.


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: