Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
SUBTÍTULOS DA SERIE NA NOSA LINGUA

'Perdidos' en galego

Internautas poñen a disposición dos usuarios do noso país a tradución da serie 'Lost'.

Redacción - 14:10 23/02/2008
Os protagonistas da terceira temporada da serie

Os protagonistas da terceira temporada da serie

Unha das series de televisión máis seguidas na rede, Lost, coñecida no Estado Español como Perdidos, xa se pode seguir en galego.

Non é que a TVG adquirise os seus dereitos de emisión, como acontecera con Heroes, senón que seguidores da serie están a pendurar na internet subtítulos da nova temporada da serie na nosa lingua.

A web Lostzilla.net, especializada na serie no mundo hispano, inclúe as traducións poucas horas despois da emisión dos episodios nos EUA para podelos ver en versión orixinal subtitulada. Como novidade, dende que comezou a cuarta temporada de Lost, hai catro semanas, tamén se poden descargar os subtítulos en catalán e en galego.

Os tres primeiros capítulos da cuarta temporada están na nosa lingua grazas ao traballo dos usuarios xdb, bzk e oze12. En todo caso, para os afeccionados á versión internacional do galego, xa dende os inicios da serie se poden atopar na rede subtítulos en portugués do Brasil. E non só de Lost: os centos de afeccionados brasileiros adoitan ser os máis rápidos en traducir os textos de series e de filmes e en facelos dispoñíbeis na internet.


5/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: