Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O ALUGER EN LIÑA DE FILMES SERÁ O PRÓXIMO RETO A CONSEGUIR

O DVD queda vello

Toshiba abandona a produción do HD-DVD, deixando ao sistema Blu-Ray de Sony como virtual gañador da guerra de formatos

Redacción - 13:26 19/02/2008
Disco Blu-Ray

Disco Blu-Ray

Ao parecer, moi pronto nos fogares reinarán os reprodutores de discos de alta definición Blu-Ray de Sony. Está chegando ao seu fin a batalla tecnolóxica -comparada coa que enfrontaron os formatos Betamax de Sony e VHS de JVC- en favor deste último.

Na actualidade, Blu-Ray está impóndose sobre a tecnoloxía HD DVD, de Toshiba, e esta empresa está a piques de anuncialo oficialmente. Os equipos da próxima xeración Blu-Ray recibiron o respaldo de varios estudos de cine de Hollywood e grandes comerciantes.

A compañía xaponesa sufriu, no que vai de ano, serios reveses que a pon nunha moi difícil posición fronte a Sony. Na feira tecnolóxica CES de Xaneiro, os directivos de Toshiba tiveron que facer boa cara ante o anuncio de Warner Bros Entertaiment de que retiraba o seu apoio exclusivo ao formato HD-DVD para pasar a producir tamén en Blu-Ray. Apenas unha semana máis tarde, a Paramount, que era un dos principais valedores de HD-DVD, seguía os pasos da Warner e pasábase á competencia. Tras esta fuga, HD-DVD quedou tan só só cos apoios da Universal, Intel e Microsoft.

As Majors de Hollywood non foron as únicas en retirar o seu apoio ao formato de Toshiba. Grandes cadeas de electrónica e lecer como Wal-Mart ou Best-Buy; e videoclubes en liña, como Netflix, tamén deron as costas ao HD-DVD.

O abandono deixaría tras de si perdas de miles de millóns de yens para Toshiba pero non suporá o seu fin, nin moito menos. De feito, a decisión, lonxe de prexudicar á compañía, beneficiouna. As accións de Toshiba subiron un 5,74% na bolsa de Tokio ao coñecerse a noticia. O valor de Sony subiu un un e medio por cento. Parece que o fin da guerra de formatos foi recibido con alivio por parte dos investidores. Calcúlase que Toshiba poderá mellorar as súas marxes de explotación entre 260 e 320 millóns de euros logo de librarse do lastre do HD-DVD.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: