Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
UN MILLÓN DE EUROS

Galiza gastará na Habana dez veces menos do que Cataluña na Feira do Libro de Fráncfort

Cataluña investiu 11,5 millóns de euros no evento celebrado na cidade alemana, onde foi o país convidado o pasado ano.

Redacción - 12:05 20/02/2008

Josep Bargalló, responsábel da promoción exterior da cultura catalana, presentou a pasada semana o balance económico da participación catalana na Feira do Libro de Fráncfort, onde foi o país convidado, do mesmo xeito que Galiza éo na Habana. En total, Cataluña gastou 11,5 millóns de euros, uha cifra máis de dez veces superior á que está a investir a Xunta en Cuba, cifrada este martes por Ánxela Bugallo en "ao redor dun millón de euros".

A Consellaría de Cultura anunciou que presentará o balance final da participación de Galiza na feira, unha das máis importantes de Latinoamérica, xunto coas de Guadalaxara e Bós Aires, despois do día 24, cando se clausure o evento. No parlamento catalán Bargalló recibiu o apoio de todos os grupos, agás de PP e Ciutadans, que criticaron a ausencia de autores en castelán, mais non o aspecto económico.

A presentación do balance da participación de Cataluña en Fráncfort coincide coa polémica xerada en Galiza polo Partido Popular, que está a criticar con dureza o investimento realizado pola Consellaría de Cultura para apoiar a participación galega na Feira Internacional do Libro da Habana. Porén, o gasto que realizará a Xunta é moi inferior ao que tivo a Generalitat en Fráncfort, e obviamente aparece debidamente consignado nos orzamentos para este exercicio, na partida de proxección internacional. Como referencia, o Instituto Cervantes inviste cada ano case cen millóns de euros en defender a cultura española no exterior.

As críticas do PP coinciden coa polémica xerada polo cheque de trinta mil euros da Deputación de Pontevedra, entregado por Núñez Feijoo no Centro Galego de México.


4,44/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: