Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"ELECTROENCEFALOGRAFÍA NON INVASIVA"

O primeiro casco para controlar videoxogos coa mente sairá ao mercado

O lanzamento prevese para finais deste ano, custará 299 dólares e transmitirá as emocións dos xogadores aos personaxes virtuais.

Redacción - 09:00 21/02/2008
Representación do dispositivo

Representación do dispositivo

Un novo aparello inventado por unha compañía estadounidense-australiana permitiralles aos seus usuarios controlar videoxogos só coa mente. O casco, nas antípodas da lixeira actividade física que pode requirir xogar á Wii, pretende saír ao mercado a finais de ano. Segundo explicou a presidenta da empresa Emotiv, Tan Le, o dispositivo recolle a actividade eléctrica do cerebro e envía sinais sen fíos ao computador.

A tecnoloxía, denominada electroencefalografía non invasiva, non é unha novidade, pero si será a primeira vez que se usa nun aparello electrónico de consumo destinado ao xogo. Ademais, non precisa dun grande número de electrodos, nin de xel no cranio. E "tampouco vai custar decenas de miles de dólares", dixo Le. O seu prezo será, en principio, de 299 dólares.

O Epoc, que así se chama, poderase empregar para mellorar o realismo das respostas emocionais dos personaxes de intelixencia artificial nos xogos. Segundo os seus creadores, detecta máis de 30 expresións, emocións e accións diferentes. Tamén fai que os xogadores movan obxectos no mundo virtual con tan só pensalo.


4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: