Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Para gastar este ano

Máis de 17 millóns de euros para o deporte galego

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou as liñas de axudas e destacou que hai un incremento do 18,4 por cento con respecto ao ano 2007.

Redacción - 19:44 20/02/2008

A Dirección Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego van investir máis de 17 millóns de euros no Deporte Galego, o cal supón un 18,4 por cento de incremento con respecto ao ano 2007.

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou esta cuarta feira as liñas de axuda ao Deporte Galego para o ano 2008, no que destaca o incremento do investimento, así coma a creación de novas liñas de axuda.

Souto destacou que as axudas se materializan tanto no apoio aos programas de actividade e aos deportistas coma nas obras e equipamentos deportivos. Desta forma, na promoción de actividades deportivas a través de clubs, federacións ou concellos o incremento é dun 6,4 por cento; nos deportistas galegos é dun 43% e nos investimentos en obras e equipamentos deportivas o incremento supera o 38% (38,4).

Novas liñas de axuda: "Premios Pekín" e "clubs femininos con deportistas nadas nos anos 91 e 92"

A máxima responsábel do Deporte Galego destacou a creación de novas liñas de axuda, como os "Premios Pekín", que sairá publicada no DOG nos próximos días, e que está destinada aos e ás deportistas que xa acadaron ou están con opcións de clasificarse para os Xogos Olímpicos, que se disputarán este verán, que recibirán un premio de 15 mil euros.

Ademais, tamén se creou unha liña de axudas destinado aos clubs femininos con deportistas nadas nos anos 91 e 92.

Esta actuación, conxunta coa Secretaría Xeral de Igualdade, ten por obxecto "axudar aos clubs nun dos tramos na práctica deportiva das mozas onde se produce unha ruptura".

Tamén se creou unha liña de axudas para as seleccións galegas no exterior, destinada ás federacións deportivas, e se recuperou unhas axudas á promoción da práctica deportiva en Concellos de menos de 10.000 habitantes. A última novidade deste ano, é unha orde da Fundación Deporte Galego, que crea axuda para as entidades e clubs con presenta na máxima categoría da súa modalidade deportiva.

Apoio ao deporte feminino, deporte base, deporte en igualdade, e deporte na escola
Por último, a directora, que se manifestou satisfeita co incremento das axudas, aínda que "como bos deportistas, sempre queremos mellorar as marcas acadadas", destacou que dende a Dirección Xeral realizaranse cursos nas sete cidades para dar a coñecer a nova lei de subvencións e onde se lles darán consellos prácticos para axilizar as tramitacións administrativas.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Marta Souto con Ramón Brigos (subdirector xeral para o Deporte), e Javier Rico (xerente Fundación Deporte Galego)
Marta Souto con Ramón Brigos (subdirector xeral para o Deporte), e Javier Rico (xerente Fundación Deporte Galego)
Na presentación da liña de axudas ao Deporte Galego
Na presentación da liña de axudas ao Deporte Galego