Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Open das Nacións-II Descenso do Ribeiro

O remo olímpico mundial hase xuntar en Castrelo de Miño

Será do 29 de febreiro ao 2 de marzo, para as categorías de Outtriger a 8 con timonel e Scull a 4 feminino.

Redacción - 11:40 21/02/2008

Do 29 de febreiro ao 2 de marzo máis de 50 embarcacións dunha ducia de países distintos (uns 400 remeiros e remeiras de todo o mundo) hanse xuntar en Castrelo de Miño para competir no Open das Nacións-II Descenso do Ribeiro.

Este ano o campionato vén cargado de cartos para a súa organización, así como de patrocinios, enmarcados, sobre todo, na posibilidade de que lle sexa concedida a Vigo a Universiada 2013. Neste sentido, este Open vén a demostrar que o Campus Vigo-Ourense pode aportar un campo de regatas, perfecto para o remo.

Até o de agora xa presentaron a súa candidatura o Estado Español, Portugal, Romanía, Bulgaria, Suecia, Bélxica, Francia e Inglaterra; e unha ampla listaxe de clubes participantes, entre eles os cántabros de Astillero, os asturianos de Castropol, os galegos de Vigo, Tui, Eo e Perillo, os portugueses de Caminha, Lisboa, Galitos, Figueira da Foz, Coimbra, Viana e Oporto. Tamén está confirmada a selección catalá, así como os clubes de Nottinghan, de Londres e Marsella.

A xornada do día 29 está reservada aos adestramentos oficiais, e a competición comezará o día 1 de marzo, coas probas dos 1.000 metros. O día a seguir será o descenso de 6.500 metros, que comezará no Balneario de Laias e chegará a Castrelo de Miño.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: