Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUN PLENO MOI TENSO

O PP rebenta o goberno de Santa Comba e dálle a alcaldía a un tránsfuga

Nove meses despois dos comicios locais, o alcalde socialista Xosé Antón Ucha perde o bastón de mando.

Redacción - 14:05 25/02/2008
Tags:

O voto de sete concelleiros do PPdeG e de dous tránsfugas de Independentes por Santa Comba tumbou o feble goberno do socialista Xosé Antón Ucha. Nun pleno moi tenso, ao que acudiron centos de veciños do municipio que apoiaban ao executivo, os promotores da moción xustificaron a iniciativa polo “desgoberno” da política local.

A corporación local estaba composta por 8 concelleiros do PPdeG, 4 de Independentes por Santa Comba, 3 de Terra de Xallas e dous do PSdeG. En xuño do ano pasado Ucha conseguiu a alcaldía logo de que os populares non conseguiran o apoio de ningunha formación. Agora os dous tránsfugas independentes posibilitaron o relevo de alcalde e os conservadores están dispostos a facilitarlle a alcaldía a un deles: Miguel Pérez Fernández.



Queima de sinaturas

A número dous do PPdeG, María Xosé Ares, non apoiou a moción por “dignidade” xa que pensa que hai intereses escuros detrás da mesma. Numerosos axentes da Garda Civil estiveron presentes no interior e no exterior do recinto deportivo no que se celebraba o pleno, aínda que non houbo que resaltar incidentes serios.

Pola súa parte, os veciños que se concentraban no exterior decidiron queimar as máis de 3.000 sinaturas que recolleran contra a moción. Segundo sinalaron, non querían que o novo goberno tivese acceso aos nomes dos veciños por temor a represalias.

O municipio, que é capital da comarca do Xallas, conta con preto de 11 mil habitantes. A moción é a primeira que prospera no país logo dos comicios do ano pasado.


4.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: