Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
XERAIS08

A poucas horas do debate na Galega aínda non hai fumata branca

Socialistas e populares non se poñen dacordo sobre quen debe pechar a quenda de intervencións e o BNG cre que non teñen interese en que se celebre.

Redacción - 20:00 26/02/2008
Tags: debate TVG

Un parto complicado con moitas posibilidades de non acabar, esta semella a mellor maneira de explicar as conversas entre PSdeG, BNG e PPdeG para o debate televisivo entre Toruiño, Quintana e Feijoo. Logo de dúas horas de xuntanza no Consello de Radio Televisión de Galicia, os representantes das tres formacións erguéronse da mesa este martes sen chegar a un acordo.

As discrepancias principais teñen que ver co feito de que socialistas e populares non se poñen dacordo sobre quen debe pechar o debate. Os conservadores subliñan que ten que ser Feijoo, como líder da forza máis votada, algo que non admiten no PSdeG.

Porén, as diferenzas incluso son profundas en canto a todo o marquetin que rodea ao evento. Socialistas e populares non se poñen dacordo nin sequera á hora de ver quen é o primeiro en chegar até o hotel San Francisco de Compostela, escenario proposto pola TVG.Os nacionalistas subliñan que eles non están a poñer ningún tipo de obstáculo e cualifican de “absurda” a negociación. Incluso, un dirixente do BNG afirmaba que, visto o visto, “parece claro que ao PSdeG e ao BNG non lles interesa o máis mínimo que haxa debate. Els consideran que o debate foi o de Zapatero-Rajoy”.

Pola súa banda, a CRTVG mantén a data do debate para este mércores (ás 21.30 horas). Dende o ente público subliñan que teñen todo preparado e agardarán un acordo até a última hora.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: