Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'PODCROSSING'

Os podcasts galegos saen da rede ao "mundo real"

O blogueiro Dorfun impulsa unha idea para difundir os falangullos fóra da rede e compartilos gravados en CD.

Redacción - 18:11 27/02/2008

Como un xeito de promocionar os podcasts ou falangullos nace o podcrossing, unha distribución dese formato de comunicación en soporte físico, é dicir, gravados en CD. Inspirado no bookcrossing, xorde en Galiza un movemento impulsado polo blogueiro Dorfun, que explica a idea nun manifesto, do que se fai eco Podgalego.org.

"O intercambio de obxectos debe ser, despois do sexo, un dos xeitos de relación social máis estendido do mundo", explica. O podcrossing é un reflexo do bookcrossing, acción analóxica nun mundo dixitalizado: unha persoa decide deixar un libro nun punto concreto para que calquera persoa o recolla e o lea, e todo o proceso rexístrase en Bookcrossing.org.

Segundo conta Dorfun, "os podcasts (...) están ocupando un espazo, como o que anos atrás ocupaban as radios universitarias, locais, piratas...", e o podcrossing é un xeito de poñer eses medios ao alcance de todo o mundo, aínda que careza de conexión á rede. A idea é sinxela: "gravar un CD de audio co contido dun podcast e perder ese cd nalgún lugar concorrido".

Convén, así e todo, escribir na carátula os enderezos web e os nomes dos falangullos incluídos. Así, permítese "que a sorpresa do descoñecido poida cativar para sempre o inocente oínte", para que continúe coa afección.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: