Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'Gutbai, Charly'

A primeira longa da EGACI, seleccionada en festivais de Reino Unido e Sudáfrica

A Escola Galega de Cinema (EGACI) proxectará o venres 29 en Vigo unha selección dos seus mellores traballos realizados en 2007.

Redacción - 17:44 27/02/2008



Gutbai Charly participará nas seleccións oficiais do festival Lichfield que se celebrará entre o 10 e 13 de xuño en Inglaterra, e no Film Festival South Africa que terá lugar entre o 13 e o 18 de outubro. O filme, escrito e dirixido por Jorge Cassinello, é unha coprodución entre a London Film School e a produtora independiente galega Caurel Lecer S.L. Foi xa presentado na pasada edición do Festival de Ourense, e abriu a IX Mostra de Curtas de Noia, ademáis de estar nominada para os premios Mestre Mateo de 2008. O filme, protagonizado por Luis Zahera e Xúlio Abonjo, narra os os conflitos persoais e colectivos dun mariñeiro de baixura

Trátase da primeira longametraxe da Escola Galega de Cinema de Vigo. A directora da Egaci, Virginia Ramírez Abreu, destacou que a consecución desta primeira longametraxe coproducida dá cumprimento a dous dos obxectivos expostos o pasado ano pola escola, que pasan por "conseguir o apoio do propio sector e imbricarse no panorama docente europeo". Así mesmo, avanzou a súa previsión de que entre finais de marzo e principios de abril péchense as negociacións abertas coa Escola de Cine do Porto para a participación nun novo traballo, que sería coproducido por ambos os centros ademais dos de Lisboa, Bruxelas e Estonia.

Proxección dos mellores traballos da Escola

O vindeiro venres 29 de febreiro proxectarase no Centro Social Caixanova da cidade olívica a Mostra de Curtametraxes 07 na que a Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia amosará a súa produción académica anual. As curtas proxectadas no evento serán Gutbai Charly, de Jorge Cassinello, Nada de Diego Pazó e A Guerra dos Avós de Oscar Galanski. Na segunda parte da mostra realizarase unha homenaxe ao actor Xan Bravo, falecido no ano pasado.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: