Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Afonso Rueda, secretario xeral do PPdeG

"Houbo poucas propostas, pero as que nós fixemos foron claras"

"O BNG e o PSdeG centraron todos os reproches en Núñez Feijoo", di. "Para Quintana semella que Zapatero non existe". De Touriño di que "se contradí el mesmo".

Redacción - 00:36 28/02/2008
Afonso Rueda acompañou a Feijoo ao debate / Foto: César Galdo

Afonso Rueda acompañou a Feijoo ao debate / Foto: César Galdo

O secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, considera que "hoxe demos un paso adiante de cara a gañar as eleccións do 9 de marzo", e critica a socialistas e nacionalistas pola súa actitude de centrar "todos os reproches contra Núñez Feijoo". "Para Quintana semella que Zapatero non existe", engade.

Neste senso, di que o PPdeG foi o único que presentou propostas. "Houbo poucas propostas, pero as que nós fixemos foron claras", afirma, e aclara que "nun formato coma este, de 70 minutos, é difícil que haxa máis".

Aínda así, valora positivamente a realización deste tipo de debates, "sempre e cando se fagan consensuando as características dende o principio, e non por imposición da TVG, coma neste caso, que se fixo a maior gloria de Touriño".

Do secretario xeral do PSdeG di que "se contradí con el mesmo" en temas como o Plan Galicia, que o PPdeG defende, e critica "que Touriño poña como exemplo de boa xestión a Sanidade" e que non dea claves de futuro "porque para os socialistas non hai crise".


2/5 (4 votos)