Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
De paseo con Cascos e Baltar

A Feijoo sobroulle o BNG no debate e Quintana convídao a presentarse por Murcia

Despois de que o PPdeG se destacase á hora de poñerlle atrancos e condicións ao debate, o 'popular' critica agora a "parafernalia" do encontro.

Redacción - 09:00 29/02/2008
Tags:

No día en que paseou por terras ourensás acompañado do presidente provincial do PP, Xosé Luís Baltar, e de Francisco Álvarez Cascos, ex ministro de Fomento, o líder do PpdeG aproveitou a súa presenza no Foro Nueva Economía para queixarse do modelo de debate na Galega este mércores.

Alberto Núñez Feijoo, criticou a "parafernalia" que segundo el acompañou a cita diante das cámaras e confesou que agarda poder debater "algunha vez" nun fronte a fronte exclusivo co secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño. "Vin tantas luces e tanta parafernalia que pensei que a única diferenza coa gala dos Óscar é que non había alfombra vermella", dixo ademais Feijoo, criticando que finalmente a cita televisiva non tivese lugar nos estudos da propia CRTVG, senón nas instalacións do Hotel San Francisco.

Por outro lado, ironizou sobre a súa posíbel presenza nun hipotético goberno español presidido por Mariano Rajoy, afirmando que no caso de que o PP consiga o triunfo o 9M non se ve nese executivo. Con todo, e en referencia ás declaracións de Xosé Luís Baltar sobre ese suposto, nas que este opinara que Feijoo debía ser ministro "para foguearse", comentou que "ten moita razón Baltar porque ser líder da oposición con PSdeG e BNG non dá para foguearse".

Quintana convida a Feijoo a presentarse por Murcia

Ao respecto do desexo de Feijoo dun debate en solitario con Touriño, o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, suxeriulle ao presidente do PpdeG que se presente ás eleccións "por Murcia" se non quere participar en debates co Bloque, e subliñou a súa convicción de que dos tres líderes, a súa propia intervención resultou a vencedora do cara a cara televisivo deste mércores.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: