Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
amedrentar e matar ó mensaxeiro

Ameazas tralas denuncias da tala de árbores en Peinador

O gallo da denuncia feita por Matar por matar NON, da tala indiscriminada de árbores que está sendo levada a cabo no Aeroporto de Vigo, parece que se iniciou a típica reacción do poderoso, que non acepta que se cuestionen os seus actos, de tentar amedrentar e matar ó mensaxeiro.

Matarpormatarnon - 16:57 29/02/2008
Tags:

  Seica están molestos pola repercusión do asunto e, lonxe de recapacitar na súa acción, xa enviaron un escrito ó traballo do denunciante acusándoo de supostos insultos que non se especifican.


Non só parece un intento de amedrentar como, ademais, mesturan asuntos privados de un cidadán, con a súa vida laboral. Non hai traballo e aí é onde mais doe.


Son moitos os traballadores do aeroporto que manifestaron a súa solidariedade con esta denuncia, así como a impotencia que senten de ter que calar en moitos outros casos, por medo ó poder do "departamento xurídico", que AENA xa manifestou que está mobilizando contra o denunciante desta desfeita.


É lamentable que, no día dos feitos, milleiros de pasaxeiros e centos de traballadores, teñan visto o que acontecía sen que houbera ninguén para sinalar que algo estaba errado.


Esa é a proba do temor que existe ó sistema. Algo fallou no silencio masivo e hai que cortar polo san e impedir que o exemplo se estenda.


Non nos vamos sentir intimidados e continuaremos a denunciar os abusos que, agochados no medo xeneralizado, pretendan levar a cabo impunemente.


Os resultados dos seus actos á vista están, non foron os traballadores quen levaron o planeta ós problemas que hoxe nos están afectando. Foi a codicia dos que queren gañar cartos a calquera custo.


Agardamos que a xustiza, se aí hai que chegar, poña en evidencia, tamén neste asunto, as malas artes de quen non sabe valorar o noso medio ambiente e a nosa riqueza natural.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: