Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A Europeada 2008

Primeiro campionato de fútbol para minorías lingüísticas europeas

Será na rexión de fala romance de Suselva, no Cantón Grisón-Grischun-Grigioni suízo, do 31 de maio ao 7 de xuño.

Redacción - 14:15 03/03/2008

A Unión Federal de Nacionalidades Europeas (FUEN), a Lia Rumantscha Disentis Sedrun e as entidades que desenvolven actividades turísticas na zona organizan o Primeiro Campionato de Europa de Fútbol para as minorías lingüísticas, a Europeada 2008.

O torneo hase desenvolver entre o 31 de maio e o 7 de xuño, xusto antes do Campionato Europeo (o Euro 2008), organizado por Austria e Suíza. Os organizadores agardan que a repercusión mediática do Euro 2008 lles dé un chisquiño de voz tamén a eles, e que axude a toma de conciencia dos europeos sobre as minorías nacionais e sobre a diversidade lingüística existente no vello continente. Para todo isto emprégase, máis unha vez, o deporte.

Usando o fútbol para as reivindicacións das minorías nacionais e das nacións sen Estado
Na Europeada 2008 van participar 20 equipos, xogando dun xeito similar a como se fai nos campionatos europeos e na Copa do Mundo. O sorteo da rolda de clasificación xa se desenvolveu en Zürich o pasado 13 de febreiro, co seguinte resultado.

Grupo 1: País de Gales, os alemáns de Polonia, os falantes da lingua retorrománica ou lingua romanche (raethianos), do cantón de Grisón, en Suíza, e os alemáns de Hungría.

Grupo 2: os cataláns, os eslovenos de Italia, os daneses de Alemaña e os aromanesos ou aromunes de Bulgaria.

Grupo 3: os karachais de Rusia, os lemkos de Polonia, os aromanesos ou aromunes de Macedonia, e os tiroleses do sur.

Grupo 4
: os croatas de Serbia, os romanís de Hungría, os alemáns de Dinamarca, e os frisóns de Alemaña.

Grupo 5: Os occitanos, os Cimbrianos, e os sorabos, croatas de Romanía.

Os ganadores e os tres mellores segundos de cada grupo chegarán aos cuartos de final. Os cuartos e as semifinais hanse xogar en Chiur ou Chur, capital do cantón de Grischun, o vindeiro 7 de xuño.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: