Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MORREU O 7 DE MARZO DE 1908

Cen anos sen Curros

A Fundación que leva o seu nome e a Academia Galega realizaranlle unha homenaxe no cemiterio de San Amaro, na Coruña, onde o poeta está soterrado.

Redacción - 16:55 05/03/2008

A Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova danlle inicio co acto do venres a unha longa xeira de actividades e de iniciativas tendentes a lembrar e revitalizar a figura do escritor e xornalista con motivo do centenario do seu pasamento.Na homenaxe que terá lugar na Coruña, alumnos dos colexios Curros Enríquez e Sagrado Corazón, de Celanova, e dos centros que levan o nome do poeta na Coruña e en Pazos de Borbén, ofrecerán unha declamación poética diante da tumba de Curros. Ademais, o grupo de gaitas O gaiteiro de Penalta, intervirá con distintas pezas relacionadas con poemas de autor celanovés.

Así mesmo, tamén está prevista a intervención do Presidente do Pen Clube de Galicia, o poeta Luis González Tosar, que ofrecerá un recitado dalgúns poemas de Curros na Real Academia Galega, acompañado polo violinista armenio Kamo Petrosyan. No mesmo acto da Academia, a delegación celanovesa será recibida polo Presidente da Academia, Xosé Ramón Barreiro, e o presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Mouriño, fará publico o nome da persoa a quen se recoñecerá este ano co premio Celanova, Casa dos Poetas.

Actos no Liceo de Ourense
O Liceo de Ourense dedicarálle o martes 11 de marzo a Curros Enríquez, cun conxunto de actos, que comezarán á unha do mediodía, cunha frenda floral e recital poético diante da estatua que o poeta ten en Ourense, realizado polos alumnos do Colexio Manuel Curros Enríquez. No acto intervirá Marcos Valcarcel. A partir das oito e cuarto da tarde, no Salón Nobre do Liceo, celebrarase unha mesa redonda sobre a Vida e obra de Curros Enríquez, na que intervirán Xesús Alonso Montero, Antonio Piñeiro e, de novo, Marcos Valcárcel.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: