Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NA FUNDACIÓN SEOANE, DO 6 DE MARZO AO 18 DE MAIO

'Che', o merchandising da revolución

A mostra repasa a utilización que nas últimas décadas se fixo da figura do guerrilleiro na publicidade e na industria de consumo.

Redacción - 18:30 06/03/2008

O 5 de marzo de 1960 Alberto Korda tomou unha fotografía de Ernesto Guevara na Habana. E a fotografía convertiuse en póster da man do italiano Giangiacomo Feltrinelli, quen lle usurpou a Korda os dereitos dunha das iconas máis difundidas da historia. A imaxe do 'Che' percorre o mundo (título dun documental realizado recentemente por Pedro Chasquel), obsérvanos dende as paredes de milleiros de habitacións en todo o planeta, nas que pendura en forma de póster, e tamén en milleiros de camisolas, faixas...

Mais non só. A imaxe do 'Che' Guevara ten sido empregada en todo tipo de produtos de consumo, merchandising, campañas publicitarias, e loce en tatuaxes no brazos de Maradona, ou no peito de Mike Tyson. Ás veces continúa empregándose con fins políticos, revolucionarios, por organizacións de esquerda de todos os continentes, ou nos billetes de tres pesos de Cuba. Pero as máis das veces, a imaxe do 'Che' está a empregarse con obxectivos comerciais, convertido nunha icona global.

Diso vai a exposición Che!, Revolución e Mercado, que se inaugura este xoves 6 de marzo na Fundación Seoane da Coruña e que permanecerá aberta até o 18 de maio. A mostra, creada pola comisaria inglesa Trisha Ziff, reúne fotografías, cartaces, filmes, sons, roupa e diversos artefactos de máis de trinta países, así como publicidade e imaxes que aparecen en Internet. A exposición rastrexa o percorrido da imaxe, dende a foto de Korda, a súa utilización polo agit-prop esquerdista nos anos sesenta até a súa apropiación polo mercado.


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: