Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
RUGBI

O CRAT vai xogar a fase de ascenso a División de Honra B ante o Athletic

Os xogadores do clube coruñés non quedaron moi contentos co sorteo, porque os emparellou con un dos rivais máis difíciles.

Redacción - 13:30 06/03/2008

O sorteo, celebrado esta semana, emparellou ao CRAT Coruña co Athletic de Donostia, a priori, un dos rivais máis difíciles.

Os coruñeses xa se tiñan enfrontado aos donostiarras na fase de ascenso na tempada 2004/2005 e naquela altura gañaron os vascos. De todos os xeitos, aquela tempada non foi tan mala para o clube, posto que gañaron a Copa Galicia e foron subcampións de Liga en xuvenís, mais víronse obrigados a renunciar a xogar os campionatos estatais por problemas de orzamento.

O Athletic é un rival forte, e vén de realizar un gran campionato, finalizando primeiro de grupo sen moitas complicacións.

O primeiro partido desta eliminatoria a dous hase xogar na Coruña o 29 deste mes. A volta xógase en Donostia o 5 de abril.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: