Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
En Vigo

Continúan as multas polas concentracións en defensa da lingua

Xa hai seis persoas sancionadas por permanecer ás portas da comisaría viguesa pedindo a liberdade dun mozo detido na protesta por un acto contra o galego.

Redacción - 18:45 06/03/2008
Imaxe da carga ás portas do acto de Galicia Bilingüe / Imaxe: Ceivar

Imaxe da carga ás portas do acto de Galicia Bilingüe / Imaxe: Ceivar

A finais desta semana comezaron a lles chegar notificacións de sanción, enviadas pola subdelegación do goberno español en Pontevedra, a varias persoas que na tarde do pasado 20 de febreiro se concentraban ás portas da comisaría da policía española da Vigo, en solidariedade por un mozo que estaba detido.

O mozo, J.M.P.L, fora detido esa mesma tarde, durante unha protesta contra un acto organizado pola asociación Galicia Bilingüe no Centro Cultural Caixanova da cidade. Nada máis principiar aquela concentración, a policía española comezara a cargar contra os alí reunidos, unhas 150 persoas, ferindo a un membro do colectivo Ceivar e detendo a este mozo.

Multas de 600 a 1.300 euros
Agora, quince días despois, comezaron a chegar multas aos domicilios dalgunhas persoas que asistiran a aquela concentración. Polo de agora son seis as persoas notificadas, pero poderían chegar máis nos próximos días. Os conceptos que lles imputan van mudando en cada un dos documentos, mais todos se refiren a unha concentración ou xuntanza ilegal, e falan de desordes e insultos aos axentes.

Segundo lle contou a Vieiros Óscar Gomes, membro de Ceivar, os afectados van agardar a saber cantos son en total para poñer en común todos os documentos e preparar a súa defensa.

Segundo Gomes, os cargos que se imputan varían un pouco: "á persoa que multan con 1.300 euros inclúenlle varios conceptos máis. A verdade é que inventan un pouco, mesmo din que os concentrados estaban situados tapando unha saída de vehículos policiais; son cousas que non hai por onde collelas. Nun xulgado ordinario, con un mínimo de profesionalidade non sairían adiante", salientou.


4.56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: