Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
É o símbolo do país

A India inviste 12 millóns de dólares para crear unha forza que protexa os tigres

O goberno anunciou que vai velar polos últimos 1.141 animais desta especie que sobreviven en estado salvaxe.

Redacción - 12:01 08/03/2008

O goberno da India anunciou esta semana que vai investir 12 millóns de dólares (8,2 millóns de euros) para crear unha forza que protexa os últimos 1.141 tigres que sobreviven en estado salvaxe no país.

As poboacións de tigres están gravemente ameazadas polo caza ilegal e pola destrucións dos seus hábitats. O comercio, máis alá do Himalaia, de partes dos corpos destes animais, así como a pel, os ósos e as garras continúa e aumenta cada día. Nas fronteiras indias con Nepal Bangladesh e Birmania é fácil transportar este tipo de produtos de contrabando e vendelos por prezos ben elevados.

No ano 2005 quedaban preto de 2.000 tigres
Os esforzos de protección da especie, que comezaron en 2002 tentando reverter a mingua dos tigres, agora están a pasar unha mala época, estando os gardas mal armados e mal pagos.

Aínda que os ecoloxistas e os conservacionistas dos tigres indios non cren que a poboación destes animais se poida recuperar (hai un século vivían na India 40 mil tigres), o goberno aínda non pediu papas, e pensa que coa creación desta nova entidade a preservación da especie está asegurada.

98 millóns de euros para a recuperación da especie
O ministro de Economía, Palaniappan Chidambaram, anunciaba no Parlamento o orzamento do país para 2008/2009, en el incluía uns 8,2 millóns de euros principalmente para crear, armar e mobilizar unha forza especial, a Tiger Protection Force.

Alén dos cartos e das forzas especiais, os especialistas na conservación de especies en perigo de extinción defenden que as preto de 300 mil persoas que actualmente viven nas 28 reservas para tigres deben ser transferidas para outros lugares, porque moitas delas axúdanlles aos cazadores ilegais a matar tigres e a destruír os bosques.

O pasado mes de xaneiro os mandatarios indios anunciaban que ían investir nos vindeiros cinco anos 150 millóns de dólares (preto de 98 millóns de euros) para a conservación deste animal. Parte dos cartos serían empregados na transferencia das poboacións lonxe dos hábitats naturais destes animais. Alén diso pretenden crear oito novas reservas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: