Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Case cinco puntos máis ca en 2004

Votou o 75,34% do electorado

A maior participación foi en Ourense, co 77,87%.

Redacción - 21:00 09/03/2008
Tags:



Ás 20h,
a participación final: Votou o 75,34% do electorado. A maior participación foi en Ourense, co 77,87%.



Ás 18h30
, en Galiza votou o 60,72%, por baixo do 61,48% que o fixera hai catro anos. Por provincias, na Coruña votaron o 59,29% (en 2004: 60,81%). En Pontevedra até o 61,51% do electorado votara a esa hora (en 2004 fixérano o 62,52%). En Lugo, a participación quedou a esa hora nun 60,44% (fronte ao 58,15% de hai catro anos). E a máis alta, en Ourense, onde o 63,68% do electorado xa votou no momento de facer o ministerio de Interior este primeiro avance (en 2004 fora até as urnas o 64,53%).

No conxunto do Estado ás 18h votara 61%, dous puntos por baixo do 63,02% que o fixera á mesma hora en 2004.

14h00: votou o 35,62% dos electores
A maior participación nese momento rexístrase en Ourense, co 39,57%. Con todo, a nivel estatal a afluencia dos galegos ás urnas só supera á dos canarios.

No conxunto de Galiza a participación ás 14h é dun 35,62%, un chisco máis alta ca en 2004, cando votaran o 34,68%. Por provincias, na Coruña votaron o 34,83% (en 2004: 34,49%). En Pontevedra até o 35,68% do electorado votara a esa hora (en 2004 fixérano o 34,88%). En Lugo, a participación quedou a esa hora nun 34,26% (fronte ao 31,16% de hai catro anos). E a máis alta, en Ourense, onde o 39,57% do electorado xa votou no momento de facer o ministerio de Interior este primeiro avance (en 2004 fora até as urnas o 38,57%).

A nivel estatal, os maiores índices de participación rexístranse na Comunidade Valenciana (47,57%) e A Rioxa (45,81%). No outro extremo aparecen Galiza e Canarias (30,66%). A media estatal de participación queda así no 40,46% , medio punto por baixo do 41,02% de 2004.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: