Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Nas vísperas do primeira proba internacional en Galiza

Pontevedra estrea a web da Copa de Europa Premium de triatlón

O mes que vén (o día 19 de abril) a cidade vai acoller o circuíto que marca o comezo da tempada europea. É a primeira vez na historia que Galiza organiza un evento deportiva coma este.

Redacción - 14:15 11/03/2008

O vindeiro 19 de abril a cidade de Pontevedra daralle a benvida a algúns dos mellores triatletas de Europa e do Mundo (entre eles, Gómez Noya).

Será a primeira proba da Copa de Europa Premium, a primeira do circuíto europeo e a primeira da historia internacional deste deporte que se desenvolve en Galiza.

Gómez Noya, fillo predilecto
Ademais do gran número de triatletas, a Pontevedra hanse achegar moitos afeccionados a este deporte de todo o continente, porque poden ver competir a estrelas como Xabier Gómez Noya, quen ademais vive grande parte do ano na cidade do Lérez.

De feito, a parte final da carreira ha descorrer na pista do centro de alto rendemento no que adestra Xabier.

Páxina web oficial da proba
O Comité Organizador da proba aínda acaba de amosar o logo da mesma e abriu a súa web oficial, onde están dispoñíbeis os mapas do percorrido, a programación, información sobre os aloxamentos, detalles da inscrición na proba e información sobre o turismo local, para quen queira aproveitar e dar unha voltiña polas rías baixas. En breve han poñer tamén a guía do atleta.

Ademais, a través da web da Federación Española de Triatlón e esta mesma páxina hanse facilitar os tempos en directo, noticias e fotos do día da carreira.

A proba pontevedresa recibiu o apoio da cidade, da Xunta, e da Federación Galega e a Federación Española de Triatlón. Todas estas entidades traballaron xuntas para traer unha proba internacional á cidade, que ademais ha repartir 25 mil euros en premios. Para moitos triatletas vai significar tamén unha boa ocasión para preparar o prestixioso Campionato de Europa de Triatlón ETU que se ha desenvolver en Lisboa.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Detalle da web da proba de Pontevedra
Detalle da web da proba de Pontevedra
Algunha das imaxes de Pontevedra que recolle a web / Guillermo González
Algunha das imaxes de Pontevedra que recolle a web / Guillermo González
Os mellores triatletas competirán en Pontevedra
Os mellores triatletas competirán en Pontevedra