Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Folla de Ruta da LNB

Esta fin de semana arrinca a intensa campaña billardeira de marzo

Co quinto asalto da Conferencia NorOeste, con epicentro na Coruña, e a posibilidade de se apuntar xa no I Aberto Cidade de Lugo.

Redacción - 13:00 14/03/2008

Este domingo 16 de marzo chega o 5º asalto da liga regular na Conferencia NorOeste, que se ha xogar na coruñesa pista da Zapateira, pero desta volta con novidades.

A conferencia atlántica medra minuto a minuto e segundo a segundo

A tribo no noroeste aumenta, posto que, despois dos éxitos dos All Stars, dos que os palanadores e palanadoras volveron abraiados e abraiadas do que sabían facer, creouse unha nova franquicia nesta Conferencia, capitaneada por Anxo. Ademais, coa chegada do bo tempo esta Conferencia ten pretensións de se desprazar para vindeiros asaltos ás pistas de concellos veciños, fóra do amparo das uralitas da Zapateira.

Por isto chega unha chamada da Liga Nacional de Billarda, para que todo aquel que queira que a súa parroquia ou o seu concello faga de "oasis de parada desta nova tribo nómade billardeira" se poña en contacto coa Conferencia Atlántica: lnbnoroeste@gmail.com.

I Aberto de Billarda Cidade de Lugo
Aberto significa que pode xogar todo aquel que queira. Co patrocinio da Deputación de Lugo, a A.C.D O Varal e Vieiros, o I Aberto de Billarda Cidade de Lugo hase xogar o vindeiro sábado 29 de marzo.

Daquela a LNB vai rachar coa muralla para meterse na cidade de Lugo armada con paláns para, no espazo habilitado no exterior do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, celebrar este torneo. A inscrición está aberta, e velaí o seguinte chamada da LNB: todo o que se queira apuntar debe facelo aquí, na web propia da Conferencia NorLeste.

E seguindo co repaso do marzo billardeiro, chegamos ao domingo 30, no que volve á competición regular co sétimo asalto da liga regular na Conferencia NorLeste, na pista de Santalla de Vilausende (Ribadeo). Quedades informados.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: