Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
REDES SOCIAIS

A web 2.0 convértese na fonte de novos millonarios

Xochi e Michael Birch gañan 377 millóns de euros pola venda de Bebo a AOL e únense ao club dos fundadores de Facebook e YouTube.

Redacción - 11:00 30/03/2008
Xochi e Michael Birch, fundadores de Bebo.com

Xochi e Michael Birch, fundadores de Bebo.com

Despois de que rebentase a burbulla das puntocom da primeira idade de ouro da internet, a web 2.0 está a ser a principal creadora de novos multimillonarios da rede. É o caso dos fundadores de YouTube, Facebook e agora, tamén, Bebo. As redes sociais están a acelerar a creación de novas fortunas.

O matrimonio formado por Xochi e Michael Birch acaba de vender a súa participación na rede social británica Bebo á compañía AOL por 377 millóns de euros. En só tres anos conseguiron que o servizo acadase tal valor, que van cobrar en efectivo posibelmente en abril. Menos tempo tardaron Chad Hurley, Steve Chan e Jawed Karim, artífices de YouTube, en venderlle a web de vídeos a Google. Nun ano e medio, de febreiro de 2005 a outubro de 2006, o portal acadou un valor de 565 millóns de euros, que recibiron en accións. E esas accións valen hoxe un 50% máis ca daquela.

Pero o que se pode considerar maior triunfador da web 2.0 é Mark Zuckerberg, que aos seus 23 anos se converteu no magnate da internet máis novo do mundo. A rede social Facebook, que creou hai catro anos, medrou en visitas no mes de xaneiro nun 305%, fronte ao 15% do seu principal rival, MySpace. Calcúlase que Zuckerberg ten unha fortuna de 1.500 millóns de dólares e xa ocupa o posto 785 da lista Forbes.

Non sacaron tanto beneficio os creadores de MySpace, Tom Anderson e Chris DeWolfe, que recibiron 195 millóns de News Corp en 2005. Poderían ter gañado o dobre se agardasen un ano máis.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: