Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Chega o primeiro vídeo do sur para anunciar o Aberto de Mos

Novidades billardeiras co 'Hotel California' dos Gipsy Kings de fondo

A Conferencia Sur da LNB presenta un vídeo histórico, porque é a primeira produción audiovisual do sur de Galiza dedicada á pincha e é a primeira aportación desta conferencia a Televaral.

Redacción - 11:45 18/03/2008

Televaral, a TV da billarda xa ten un novo filme, completo de todo. Facendo unha pincha, como lle chaman á billarda polo sur, a Conferencia Sur presenta unha histórica curta que describen dende a LNB (Liga Nacional de Billarda) como "simplemente espeluxarante".

Polo norte, polo sur, polo leste e polo oeste, a billarda non para de medrar, sen descanso. Velaquí o vídeo-estalo do sur que presenta o I Aberto de Mos, que se ha celebrar neste concello o vindeiro 5 de abril.


O Val da Louriña comeza a tremer... afiade as vosas pinchas polo que poida pasar!


4.86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: