Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito interno en Palestina

Fatah e Hamás asinan un acordo de reconciliación

Ambas as dúas partes comprométense a retomar o diálogo en abril "co fin de volver á situación que había antes dos incidentes de Gaza".

Redacción - 14:41 23/03/2008

As principais formacións palestinas, a nacionalista Fatah e a islámica Hamás, enfrontadas directamente dende hai meses asinaron un acordo de reconciliación este domingo en Sanna (Iemen), impulsado polo presidente deste país, Ali Abdullah Saleh.

Tras tres días de conversas, os representantes de ambos os dous grupos, Moussa Abu Marzouk (Hamas) e Azzam Al Ahmed (Fatah) comprometéronse a comezar as conversas nos primeiros días de abril, informan as axencias internacionais.

Ademais de ratificar a "unidade do pobo, do territorio e da autoridade palestina", a Declaración de Sanaa recolle: "Nós, representantes de Fatah e de Hamas, aceptamos a proposta iemení como marco para recuperar o diálogo entre os dous movementos co fin de volver á situación palestina que había antes dos incidentes de Gaza".

'Quid pro quo'
Precisamente esta estaba a ser a principal eiva para chegar un acordo. Fatah demandaba que Hamas deixase o control da Franxa. Neste senso, un oficial do grupo islámico aseguraba este sábado que a mesma condición debería de ser cumprida tamén en Cisxordania, onde a Autoridade Nacional Palestina -que lidera Fatah- disolveu gobernos de Hamas e detivo varios dos seus militantes.

Liberación de 33 membros de Hamas (actualizado ás 18.58 horas)
Por outra banda, segundo informan as axencias internacionais, as autoridades exipcias puxeron en liberdade a 33 membros de Hamas, detidos nos incidentes do pasado mes de xaneiro na fronteira con Gaza.

Estes foran acusados de posesión de armas, mais tras investigacións posteriores foron declarados libres de "implicación en calquera acto terrorista en Exipto", informaron as forzas de seguridade.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: