Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Fracaso" no apoio ao desenvolvemento

A axuda internacional a Afganistán "pérdese" polo camiño

Oxfam advirte de que case a metade dos cartos volven aos países supostamente doadores en concepto de "asesorías".

Redacción - 09:00 25/03/2008

"Occidente está fracasando na entrega de doazóns", sinalan desde o colectivo británico Oxfam. A asociación calcula que arredor de 6.500 millóns de euros das axudas prometidas para o desenvolvemento de Afganistán non chegaron aínda ao seu destino.

De xeito específico, Oxfam reprocha que se encontrase que arredor do 40% dos fondos presuntamente fixados para Afganistán rematan volvendo aos países doadores en concepto de pago por supostas asesorías. Sería un dos exemplos de como o "uso efectivo" dos cartos doados está sendo baixo.

Do estudo do traballo de até case un cento de axencias de axuda que traballan en Afganistán, o colectivo humanitario Oxfam avalía que grandes cantidades de cartos se están perdendo tamén na burocracia da administración afgá. Ao mesmo tempo, denuncian tamén que moitos países están enviando cantidades moi inferiores ás inicialmente prometidas.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: