Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
FOLGA E PROTESTA NA ARXENTINA

O día despois do "cacerolazo"

Tras dúas semanas de paro e unha cazolada, o ministro de Economía chama "á cordura" dos produtores agrarios. Crónica de Débora Campos dende Bos Aires.

Débora Campos - 18:23 26/03/2008
Martín Lousteau, ministro de economía

Martín Lousteau, ministro de economía

O ministro de Economía da Arxentina, Martín Lousteau, asegurou este mércores -logo da protesta da noite do martes con potas e tixolas como no ano 2001- que "non hai absolutamente ningún elemento" que indique a necesidade de modificar a política de retencións contra a que os sectores agrarios levan unha folga dende fai dúas semanas-. Ademais, ratificou o chamado "á cordura" dos produtores que vén facendo o Goberno para saír da crise.

Para Lousteau, o "cacerolazo" deste martes pola noite nas principais cidades do país foi "montado por dirixentes que non están ideoloxicamente de acordo co Goberno, onde se manifestou a clase media alta urbana que non ten absolutamente nada que ver co campo".

O ministro engadiu, en diálogo con radio América, que "os líderes da oposición incentivaron" as protestas, cando "a xente berraba contra o Goberno, estaba dicindo 'que se vaia' por unha medida lexítima.

Noite de protestas

A Praza de Maio, rúas e avenidas do país enchéronse de persoas na noite do martes para queixarse pola inflación e o desabastecemento que comeza a sentirse como consecuencia dunha folga dos sectores do agro contra o pago de impostos á exportación dos seus produtos.

Pero pouco despois, dirixentes de movementos sociais realizaron a súa propia mobilización á Praza de Maio onde se manifestaron en favor da política do goberno con respecto ao sector agropecuario que, dende fai dúas semanas, realiza un lock out patronal e que onte decidiu un paro por tempo indeterminado.

As columnas arribaron á Praza de Maio mentres que as persoas que manifestaban alí en sentido contrario e a favor do sector agrario retirábanse do lugar. A pesar de que non houbo incidentes de gravidade entre os distintos grupos -os que se ían e os que chegaban- un militante ferido na cabeza.

"Patria sí, colonia non"

A mobilización de apoio organizouse pouco logo das 23:30 de onte cando os militantes comezaron xuntarse e partiron -ao berro de "Patria Si, Colonia Non"- onde desde as 22 do martes estaban persoas para apoiar o lock out que leva adiante o campo, que chegaran desde barrios como Palermo, Barrio Norte e Belgrano e que tamén se reuniron en esquinas de Caballito.

"Non imos aceptar este absurdo golpe da dereita", dixo Luís D'Elía, titular da Federación de Terra e Vivenda e un dos organizadores da mobilización de apoio ao goberno. Ademais, indicou que que "vimos á Praza a defender o goberno democrático de Cristina Fernández de Kirchner".

O dirixente sostivo: "Non imos quedar cos brazos cruzados mentres a oligarquía arxentina fai o mesmo que fixo fai 200 anos". Con respecto á manifestación a favor da folga agraria, D'Elía dixo que "os sectores medios están moi derrotados culturalmente e hai moita xenofobia, pero non imos deixar que golpeen o noso goberno".

"Hai catro anos o país estaba vencido e hoxe hai tres millóns de novos postos de traballo e un millón de xubilados", e agregou ao apoiar as retencións que "nunha sociedade que se prece de democrática e equitativa ten que haber máis presión fiscal cos que máis teñen".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: