Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
'Galiza nos Xogos Olímpicos'

O facho galego percorreu A Coruña apoiando os olímpicos do país

Estaban os e as deportistas galegos, mais tamén estaba, a carón do lume en todo o percorrido, unha chea de xente que quixo darlles forzas.

Redacción - 11:20 04/04/2008
Bugallo entrégalle o facho galego a Pereiro

Bugallo entrégalle o facho galego a Pereiro

A presenza de máis de medio cento de deportistas galegos de renome deu relevancia ao acto de presentación do programa "Galiza nos Xogos Olímpicos", esta quinta feira á tarde na explanada dos Pazos dos Deportes da Coruña, despois do percorrido do facho galego, que saía da Torre de Hércules.

A carreira comezaba coa quenda dos ciclistas e equipo técnico do KGZ que acompañaban a Óscar Pereiro. A primeira remuda a pé foi para Xulia Vaquero e así houbo até quince, até chegar a Chano Rodríguez, o nadador parolímpico. A esta última quenda chegaron case todos e todas as deportistas, que viviron, segundo contan dende Deporte, "emocionantes momentos ao longo do percorrido" co apoio do público.

"Saímos da piscina e das canchas para chegar á sociedade"
Á chegada a carpa instalada na explanada do Pazo dos Deportes de Riazor, Chano Rodríguez entregou o facho á conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e deu comezo o acto de presentación do programa, no que a directora xeral para o Deportes, Marta Souto, fixo unha exposición do proxecto "Galiza nos Xogos Olímpicos", que ten o obxectivo, segundo dixo, "amosar que Galiza, o deporte galego, vai estar nos Xogos Olímpicos de Beixín, dar a coñecer as nosas e os nosos deportistas nas distintas olimpiadas e facernos partícipes dos grandes logros que o deporte galego está a acadar".

No acto tamén falaron Óscar Pereiro (que apoiou a candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade) e Chano Rodríguez (que destacou o feito de que "este programa permite que saiamos da piscina e das canchas, para chegar á sociedade e adquirir o valor que se merece o noso deporte").


4.67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: