Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
AXENDA DE CONCERTOS

Marah, Sr. Chinarro, Najwajean e Noa visitan Galiza

Ademais, destacan as actuacións que ofrecerá Víctor Coyote en Lugo e Ourense, e 'The Blows' en Pontevedra e Lugo.

Redacción - 10:10 04/04/2008

Cada fin de semana visitan o noso país artistas e grupos de todo o Estado, e tamén grandes nomes doutros países. Este venres e sábado teremos a Najwajean e a Noa na Coruña; aos norteamericanos Marah en Vigo, onde tamén estarán Boikot; e a Señor Chinarro, que presentará o seu novo disco Ronroneando en Pontevedra, Ourense e Carballo.

Pero a escena galega encabeza carteis nas grandes salas do país cada vez con máis frecuencia. The Blows continúan a súa xira en Pontevedra e Lugo, Nouvelle Cuisine presentan as súas novas cancións en Vigo e Ferrol, Víctor Coyote regresa á terra con dúas actuacións en Lugo e Ourense, e Franc3s tocan en Carballo. The Homens estarán en Vigo nun concerto conxunto con Loretta Martin, e Som do Galpom viaxarán a Ordes e Cedeira.

Venres 4

A Coruña. NajwaJean, Teatro Rosalía.
A Coruña. Noa, Teatro Colón.
A Coruña. Capitán Furilo. Mardi Gras, 22.30. 5 euros.
Lugo. The Blows, Babel.
O Barco. Jabón Blue. Baranda.
O Porriño. Kogito. Liceum, 23.00. 5/6 euros.
Ordes. Som do Galpom. Badulake.
Ourense. Víctor Coyote. Café&Pop Torgal. V Aniversario.
Ourense. Moon Cresta. Rock Club, 21.00. 5 euros.
Pontevedra. Sr. Chinarro. Sala Karma.
Santiago de Compostela. Emilio José (Apeiron) + Ataque Escampe + O Leo i Arremecaghona. C.S. O Pichel, 20.00.
Vigo. Marah. La Iguana.
Vigo. April Fool's Day + Nouvelle Cuisine, Fábrica de Chocolate Club, 22.30. 5 euros.

Sábado 5

Bueu. Kaotiko + Insolbentes. Sala Zona, 22.30. 12/15 euros.
Carballo. Franc3s. Cosmic Pop Club, 0.00.
Cedeira. Som do Galpom. Sala Universal.
Ferrol. April Fool's Day + Nouvelle Cuisine. Sala Carteles.
Lugo. Víctor Coyote. Babel, 23.30. 5 euros.
Ourense. Sr. Chinarro. Café & Pop Torgal.
Pontevedra. The Blows. Sala Karma.
Pontevedra. Marlango. Pazo da Cultura. 16/20 euros.
Sarria. Capitán Furilo. Planeta.
Vigo. The Homens + Loretta Martin. Breogain.
Vigo. Boikot. Sala A!, 23.00.
Vigo. Los Reyes del K.O. La Pecera, 22.30. 10 euros.
Vigo. Elk City + Suite. Fábrica de Chocolate Club, 22,30. 10/12 euros.
Vigo. Maryland + Boy Elliott & The Plastic Bags. La Iguana Club.

Domingo 6
Carballo. Sr. Chinarro. A Reserva, 23.00.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: