Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O MÉRCORES 9

Vigo presentará en Bruxelas a súa candidatura para a Universiada 2013

Estará presidida por Abel Caballero, Santiago Domínguez e Marta Souto.

Redacción/ EP - 09:11 07/04/2008

Unha delegación viguesa, encabezada polo alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, e polo tenente de alcalde, o nacionalista Santiago Domínguez, viaxará o vindeiro mércores á sede da Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU) en Bruxelas, para presentar o dossier da candidatura de Vigo á Universiada de Verán 2013.

A expedición viguesa está composta por 12 membros e, ademais do alcalde e do tenente de alcalde, tamén viaxarán a Bélxica o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago; un representante de cada grupo municipal (PSOE, BNG e PP); o concelleiro de Deportes de Vigo; a directora xeral para ou Deporte da Xunta; o presidente do Real Club Náutico; o director da candidatura; e o coordinador xeral.

A delegación será recibida o 9 de abril polo secretario xeral da FISU, Eric Saintrond, ante quen presentarán o dossier de Vigo, que debe competir coas outras dúas cidades candidatas: Kazas (Rusia) e Kwang Ju (Corea).

A viaxe servirá tamén para dar a coñecer ás diferentes personalidades galegas residentes en Bruxelas o proxecto galego, o único que representará á UE na loita por ser sede da Universiada, e que se resolverá o próximo 31 de maio.

Ademais da visita á FISU, a comitiva, acompañada polo embaixador de España, Carlos Gómez Mújica, será recibida pola directora da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos Barbosa.

Posteriormente, desprazarase ao Parlamento Europeo, onde se reunirá cos eurodiputados Rosa Miguélez, Antolín Sánchez Presedo, Daniel Varela, Francisco José Millán Mon e Carmen Fraga, nun encontro no que tamén estará o xefe adxunto da Unidade de Deportes da Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: