Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
GAÑOU DE NOVO, ESTA VEZ EN NOVA ZELANDIA

Ninguén pode con Gómez Noya

O triatleta ferrolán impúxose na segunda proba da Copa do Mundo, como xa fixo a pasada semana en Australia.

Redacción - 13:12 06/04/2008

Gómez Noya vai camiño de facer historia: venceu con autoridade nas dúas primeiras probas da Copa do Mundo de Triatlón 2008 e acumula cinco vitorias consecutivas (Salford, Tiszaujvaros, Beixín, Mooloolaba e New Plymouth) entre 2007 y 2008. Leva máis de dous anos, dende o 10 de marzo de 2006, quedando entre os tres primeiros en calquera proba de Copa do Mundo en que participe.

Esta madrugada realizou unha espectacular remontada, pois tivo que cazar un grupo de 6 unidades que se foi por diante xa nos últimos 10.000 metros de carreira a pé, co alemán Maik Petzold como home máis destacado. Fiel á súa enorme frialdade, Gómez Noya en ningún momento perdeu a calma, continuou co seu endiañado ritmo de persecución en busca dos fuxidos. A falta de 5 km para meta, alcanzounos e case de inmediato quedou só na cabeza de carreira.

Os últimos 5 km, xa en solitario, foron un paseo para o galego, que foi quen de baixar novamente de 30 minutos en carreira a pé (29:36), o que hoxe en día é practicamente garantía de éxito.

Gómez Noya non disputará a vindeira proba, que terá Xapón como escenario e que se celebrará a vindeira fin de semana. O seu obxectivo é concluír o seu plan de adestramentos para Beixín 2008, aínda que reaparecerá o 19 de abril na proba da Copa de Europa de Triatlón, que se disputará en Pontevedra.

Clasificación da proba masculina

1. Xavier Gómez Noya (GZ) 1.47:33
2. Brad Kahlefeldt (AUS) 1.48:03
3. Andrew Johns (GBR) 1.48:16
4. Kris Gemmell (NCL) 1.48:26
5. Peter Croes (BEL) 1.48:30
6. Paul Tichelaar (CAN) 1.48:46
7. Brendan Sexton (AUS) 1.48:54
8. Dmitriy Gaag (KAZ) 1.48:57
9. Stuart Hayes (GBR) 1.48:58
10. Dan Wilson (AUS) 1.49:03

Clasificación da Copa do Mundo
1. Xavier Gómez Noya (GZ) 100
2. Brad Kahlefeldt (AUS) 88
3. Paul Tichelaar (CAN) 51
4. Brendan Sexton (AUS) 45
5. Tim Don (GBR) 39


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: