Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
ADEGA demanda á Xunta que denegue o permiso do proxecto

Engano e mentira no Estudo de Impacto Ambiental da minicentral de Chandrexa

O proxecto de minicentral hidroeléctrica no río Grande, no Concello de Chandrexa, afectará notablemente ás áreas protexidas polo LIC Macizo Central e a zona quedará incluida no futuro Parque Natural do Macizo Central.

ADEGA - 01:20 09/04/2008
Tags:

ADEGA ven de presentar alegacións a un proxecto que só se pode calificar como absolutamente insustentable ao afectar a un espazo de grande valor ecolóxico que tamén terá un enorme impacto paisaxístico.

O aproveitamento hidroeléctrico que utilizaría as augas do río Grande e do Forcadas tería dous azudes debido ao limitado caudal destes ríos.

O estudo de impacto ambiental que presenta a empresa Ecoener SL está realizado de forma que se menosprecian sistematicamente as características medioambientais do lugar. De feito resulta increible que neste estudo non aparezan datos concretos da flora e fauna que estaría afectada por esta obra, en todos os casos de especies protexidas da zona que se contan por decenas, a fórmula que usa a empresa para quitar importancia ao lugar e dicir “non se pode descartar a súa presencia na zona”.

O principal problema detectado é que o estudo de flora e fauna non confirma nin desminte a presenza de especies protexidas no lugar concreto do proxecto. ADEGA pregúntase deste xeito: de qué serve presentar un estudo de impacto ambiental se a empresa oculta información das especies que existen nese lugar. As afeccións a especies calificadas como Vulnerables no Catálogo Galego de Especies ameazadas son moi graves no caso da fauna asociada ao medio acuático como: Auganeira (Galemys pyrenaicus), morcegos de ferradura grande e pequeno (Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros), e Rana temporaria e Rana iberica, que unicamente son nomeados e non se estudan as súas afeccións.

En total o proxecto pretende estragar o hábitat onde o estudo nomea un total de 66 especies protexidas de fauna e 5 especies de plantas. Das cales 11 especies están protexidas polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas (3 de plantas e 8 de animais).

Estas especies do Catálogo Galego están todas baixo a categoría Vulnerable salvo o musgo Sphagnum pylaesii que está na categoría “En perigo de Extinción”.

Por estes motivos ADEGA solicita a Declaración de Impacto Ambiental Negativa e a retirada do proxecto.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: