Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Protesta na Coruña

O traballador detido durante a manifestación de Nostián, denunciará os axentes por agresión

Asegura que o mallaron varios policías e que mesmo lle golpearon a cabeza contra un coche.

Redacción - 11:00 09/04/2008
Albada é a empresa encargada da xestión da planta de tratamento de residuos de Nostián

Albada é a empresa encargada da xestión da planta de tratamento de residuos de Nostián

O traballador de Albada que detiveron o martes durante a manifestación que percorreu as rúas da Coruña, acusado de desobediencia ás autoridades, anunciou que denunciará aos axentes por agresión. Segundo o Comité de Empresa o manifestante foi "batido" por varios axentes que "o tiraron ao chan e lle golpearon a cabeza contra a carrocería do coche policial".

Segundo explicaron os traballadores que presenciaron a detención, un axente esixiu a un dos manifestantes que pechaban a protesta que non quedara atrás, agarrándoo polo brazo, o que provocou un enfrontamento entre eles que culminou coa detención do traballador e o seu traslado á comisaría de Lonzas, onde tras prestar declaración, saíu en liberdade á espera de xuízo.

Os compañeiros do detido anunciaron que o acompañarán ao xuízo rápido, que se celebrará o xoves pola mañá na Coruña, polo que se ven obrigados a cancelar a manifestación prevista para ese día en Compostela ante as inmediacións da Xunta de Galiza, antes de comezar a folga indefinida prevista a partir do día 12.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: